Saltar ao contido principal

Árbore Xenealóxica

Árbore Xenealóxica completa Ans
Os datos xenealóxicos da familia Ans, que abranguen a máis de 235 devanceiros en 53pólas familiares, espalladas polas parroquias veciñas de Santo Estevo Paleo, San Martiño de Orto (Abegondo), San Xurxo de Iñás (Oleiros) e San Pedro de Crendes (Abegondo), ademais dunha liña na Arxentina orixinada pola emigración de Manuel Ans Martínez (nado no 1896 en Paleo), e outra no Brasil pola emigración no ano 1953 de José Morandeira Ans (nado no 1907 en Paleo).

Se queres conseguir a árbore xenealóxica completa nun pdf e a boa resolución ponte en contacto conmigo solicitándoma a fernandezans@gmail.com.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resumo da Árbore Xenealóxica

As referencias máis antigas de liña familiar Ans que se desprenden da árbore xenealóxica remítense ao longo de once xeracións, dende o século XVIII ata este século XXI no que estamos. Segundo a procedencia xeográfica e as diferentes pólas familiares, de xeito que se poida analizar un chisco máis a árbore, pódense propor e subliñar catro grupos históricos que son: -           o XÉRMOLO , o cerne de San Martiño de Orto   (xeracións 1ª a 3ª), dende o século XVIII. Contabilízanse 50 individuos. -           os TRASLADADOS , dende Orto   a Ans de Tellado   (xeracións 4ª a 5 ª), século XIX. Contabilízanse 59 individuos. -           o s APOSENTADOS , en Ans de Tellado   (xeracións 6ª a 8ª), século XIX. Contabilízanse 80 individuos. -           os CONTEMPORÁNEOS (xeracións 9ª a 11ª),...

Apelidos Ans-Dans-Das-Chas-Señorans-Sans

Dispersión xeográfica dos apelidos Ans, Chans, Dans, Das, Sans, Señorans. Fonte: Cartografía dos apelidos de Galicia, USC. Xeografía do Apelido ANS: Segundo o Instituto Nacional Estadística, existen un total de 23 persoas co apelido Ans, das que 8 persoas téñeno como primeiro apelido, e 17 persoas de segundo apelido. Resultados similares son os facilitados polo Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela, cun total de 27 persoas co apelido, distribuídas nos concellos de Carral   (12 apelidos), Abegondo   (1), Culleredo (2), Sada (1), Oleiros   (2), Cambre (1), A Coruña (8). Xeografía do Apelido DANS: Os datos obtidos no arquivo da USC, amosan un maior número, cun total de 736 apelidos, sendo as porcentaxes máis elevadas nos concellos da Coruña (240 persoas), Arteixo (97), Sada (84), Abegondo   (66), Oleiros   (62) e Bergondo   (51), non existindo ningún no concello de Carral.   Xeografía do Apelido DANS: Respecto a...