Saltar ao contido principal

Eu fago a túa xenealoxía

Se queres facer a árbore xenealóxica da túa familia poderás solicitarme presuposto. Dependendo do teu interese hay varios niveles:

1.  Obter a árbore xenealóxica da túa familia
Falaríua contigo para que me facilitaras algúns datos básicos da túa familia, pais, avos... para que poda ter datos e tirar do fío e buscar máis información nos arquivos do teu Concello e Parroquia, e tamén completando coa búsqueda de arquivos no internet. Unha vez obtidos tódolos datos e tratados nun programa informático. O resultado da información que che facilitaría sería algo así:
 
Exemplo de Árbore Xenealóxica
2 ... ou tamén se queres facer un estudio histórico
Se estás máis interesado en acadar mási datos de tipo histórico da túa familia, se houbo xente emigrada, un mapa da distribución do teu apelido, se aparece algunha mención en publicacións ou manuscritos, se houbo algún dato de fusilados na Gerra Civil española ou calquera outro dato de interese histórico, O resultado da información que che facilitaría sería algo así: Exemplo Análise Histórica


3 ... ou incluso se queres podo publicarcho en formato libro.
con tóda-la información acadada, se queres editala e maquetada en libro, eu podo se-lo teu editor e preparalo e rexistralo no Depósilo Legal, con ISBN e poderías solititar todas as copias do libro que queras. O resultado da información que che facilitaría sería algo así: LIBRO

http://www.lulu.com/shop/http://www.lulu.com/shop/pablo-xos%C3%A9-fern%C3%A1ndez-ans/os-ans-de-ans-de-tellado-xenealox%C3%ADa-dun-apelido/paperback/product-23480018.html#productDetails




Pablo Fernández Ans. fernándezans@gmail.com

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Árbore Xenealóxica

Árbore Xenealóxica completa Ans Os datos xenealóxicos da familia Ans, que abranguen a máis de 235 devanceiros en 53pólas familiares , espalladas polas parroquias veciñas de Santo Estevo Paleo, San Martiño de Orto (Abegondo), San Xurxo de Iñás (Oleiros) e San Pedro de Crendes (Abegondo), ademais dunha liña na Arxentina orixinada pola emigración de Manuel Ans Martínez (nado no 1896 en Paleo), e outra no Brasil pola emigración no ano 1953 de José Morandeira Ans (nado no 1907 en Paleo). Se queres conseguir a árbore xenealóxica completa nun pdf e a boa resolución ponte en contacto conmigo solicitándoma a fernandezans@gmail.com .

Dende o século XVII ...

San Estevo de Paleo, Carral, A Coruña Os devires dunha pequena familia galega, dende o século XVII vencellada ás parroquias de San Martín do Horto en Cecebre (A Coruña), San Estebo de Paleo en Carral (A Coruña), e ó lugar de Ans de Tellado (Carral); e da súa emigración a principios do século XX á cidade de Bos Aires na Arxentina e á cidade de Santos no Brasil. Unha investigación histórica ao través dos fondos documentais, manuscritos, papeis e papeis, arquivos parroquiais e do inmenso baúl do internet...

Resumo da Árbore Xenealóxica

As referencias máis antigas de liña familiar Ans que se desprenden da árbore xenealóxica remítense ao longo de once xeracións, dende o século XVIII ata este século XXI no que estamos. Segundo a procedencia xeográfica e as diferentes pólas familiares, de xeito que se poida analizar un chisco máis a árbore, pódense propor e subliñar catro grupos históricos que son: -           o XÉRMOLO , o cerne de San Martiño de Orto   (xeracións 1ª a 3ª), dende o século XVIII. Contabilízanse 50 individuos. -           os TRASLADADOS , dende Orto   a Ans de Tellado   (xeracións 4ª a 5 ª), século XIX. Contabilízanse 59 individuos. -           o s APOSENTADOS , en Ans de Tellado   (xeracións 6ª a 8ª), século XIX. Contabilízanse 80 individuos. -           os CONTEMPORÁNEOS (xeracións 9ª a 11ª), séculos XX e XXI. Contabilízanse 44 individuos. -           os ESPALLADOS . É un grupo heteroxéneo, abrangue os séculos XVIII e XIX, que recolle diferentes pólas familiares das parroquias veciñas