Saltar ao contido principal

¿Cómo facer a árbore xenealoxica?


Unha investigación xenealóxica dos devanceiros fai non moito comezaría polo directorio telefónico das páxinas brancas, ese tomo de papel que anualmente repartían polas nosas vivendas; pero xa co móbil faise complicado e as posibilidades que ofrece a información no Internet facilita de xeito enorme un acceso á información que sempre debe de completarse mediante consultas bibliográficas e nos rexistros, asemade de facer labores etnográficos.

Pero se o que queres e facer tí mesmo a túa árbore xenealóxica o primeiro ingrediente que deberás obter e PACIENCIA, moita dose de PACIENCIA para buscar e rebuscar nos libros parroquiais e na inmensidade do internet.

Esta guía está feita dende a miña experiencia, resultado do tempo que invertín e perdín en aprender e buscar e rebuscar, para face-la árbore xenealóxica da miña familia. Ó final obtiven mancheas de datos e de información de máis de catrocentos devanceiros ata o século XVII, e consegúin amáis autopublicalo nun libro.

Así e todo, éche moi ¿sinxelo?, os pasos a seguir se queres facela túa propia investigación xenealóxica son os que che indico de seguido:

O primeiro primeiriño a FALAR: fala cos teus pais, naturais ou adoptivos, madrastra, nais, avós ou sogros, tías ou padriños emigrados ... con calquera que che permita ter un punto de partida onde comezar a tirar debullar no fío. Fala con elas i eles, lévate una axenda e máis un boli pra ir anotando anécdotas, contos, cousas, maldiceres familiares ou cotilleos variados.

O segundo será o traballo arduo de BIBLIOTECA:
Comeza polos libros parroquiais, vai falar co párroco, se eres católico será todo coser e cantar, cousa divina; e se eres ateo ou agnóstico, xa deberás ir con algo máis de tento, pero sempre con educación, aprendendo dos demáis con respecto. O párroco dirache si él ten os Rexistros Parroquiais custodiados na súa casa, senón de seguro estarán depositados no Arquivo Histórico Diocesano no Mosteiro de San Martín Pinario en Santiago de Compostela. Así que primeiro procura o nome da túa parroquia e despóis terás que ir a Santiago, xa que os documentos son de de libre acceso pero de consulta na sala.

Éche moi probable que moitas dos manuscritos non os poidas leer, xa que teñen outras caligrafías e anotación moi diferentes ás que usamos na actualidade, así que ó mellor necesitarás tamén atopar a algún lingüista que che faga a transcripción (pasar a limpo un texto antigo de xeito que podamos entendelo na actualidade).

O terceiro será o debuxo da ÁRBORE XENEALÓXICA: cos datos atopados podes ir tomando nota e facendo unha árbore a man no papel, ou usar algún programa habitual do Office, coma o Visio ou o Power Point. Iso será abondo se non acadas moitos devanceiros, pero se a cousa vai medrando e xa comezas a manexar máis de corenta ... a investiga irá ben pero .. terás xa que usar un programa de xenealoxía xa algo máis profesional. 

O cuarto será o traballo arduo de RASTREXO NA WEB: ¡search and destroy!
O mundo do internete éche un inmenso océano e cheo de fondos documentais de tódolos tipos, que ano a ano vai incrementándose coa  dixitalización de documentos. Algunhas das páxinas que, como mínimo, deberás consultar serán:
http://www.bne.es/gl/Catalogos/HemerotecaDigital/index.html
BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA (BNE), Hemeroteca Digital
http://corpus.cirp.es/codolga/
CENTRO RAMÓN PIÑEIRO. Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA).
Europeana
Unión Europea. EUROPEANA.
UNIVERSIDADE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC). Arquivo Histórico Universitario
Cartografía dos Apelidos de Galicia (CAG)
Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)

Busca de familiares emigrados, que algún haberá:
Family Search
Family Search
http://www.entradadepasajeros.com.ar/
Entrada de Pasajeros
http://barcoseinmigrantes.com/
Barcos e Inmigrantes

E pra darlle un toque de historia rastrexa:
https://books.google.es/
Google Libros
GALICIANA. CartografíaAntiga Galicia
Portal Archivos Españoles, PARES

XUNTA DE GALICIA. Arquivos de Galicia. Albalá Opacweb.


Desaparecidos na guerra Civil española (1936-1939):
Proxecto Nomes e Voces
O quinto será decidir ¿continuo co LIBRO?: con tódolos datos acadados poderás xa plantarte e disfrutar da satisfacción de ter obtido a túa árbore xenealóxica, cos avós tataravós e demáis pero ... se atopaches moita información é unha mágoa non aproveitala, polo que tamén poderás poñer en valor toda a información acadada e poñerte a escribila.

O sexto será a PUBLICACIÓN do libro: se decidiches continuar e expoñelos datos familiares e históricos atopados poderás gardalo todo nun arquivo pdf e levalo a imprimir á imprenta do teu barrio, iso estará ben para un par de exemplares, pero cando teñas que distribuilos á familia ou quen sabe, cecáis tamé ó teu Concello esteña interesado en mercalo, pois terás que abaratar custes e optar pola autopublicación, como non, tamén no internet.

E o sétimo, como os días da semana: a DESCANSAR.

Se aínda así tes dúbidas, se non sabes, non queres ou non tes tempo, pois ponte en contacto conmigo e dareite presuposto.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Árbore Xenealóxica

Árbore Xenealóxica completa Ans Os datos xenealóxicos da familia Ans, que abranguen a máis de 235 devanceiros en 53pólas familiares , espalladas polas parroquias veciñas de Santo Estevo Paleo, San Martiño de Orto (Abegondo), San Xurxo de Iñás (Oleiros) e San Pedro de Crendes (Abegondo), ademais dunha liña na Arxentina orixinada pola emigración de Manuel Ans Martínez (nado no 1896 en Paleo), e outra no Brasil pola emigración no ano 1953 de José Morandeira Ans (nado no 1907 en Paleo). Se queres conseguir a árbore xenealóxica completa nun pdf e a boa resolución ponte en contacto conmigo solicitándoma a fernandezans@gmail.com .

Dende o século XVII ...

San Estevo de Paleo, Carral, A Coruña Os devires dunha pequena familia galega, dende o século XVII vencellada ás parroquias de San Martín do Horto en Cecebre (A Coruña), San Estebo de Paleo en Carral (A Coruña), e ó lugar de Ans de Tellado (Carral); e da súa emigración a principios do século XX á cidade de Bos Aires na Arxentina e á cidade de Santos no Brasil. Unha investigación histórica ao través dos fondos documentais, manuscritos, papeis e papeis, arquivos parroquiais e do inmenso baúl do internet...

Resumo da Árbore Xenealóxica

As referencias máis antigas de liña familiar Ans que se desprenden da árbore xenealóxica remítense ao longo de once xeracións, dende o século XVIII ata este século XXI no que estamos. Segundo a procedencia xeográfica e as diferentes pólas familiares, de xeito que se poida analizar un chisco máis a árbore, pódense propor e subliñar catro grupos históricos que son: -           o XÉRMOLO , o cerne de San Martiño de Orto   (xeracións 1ª a 3ª), dende o século XVIII. Contabilízanse 50 individuos. -           os TRASLADADOS , dende Orto   a Ans de Tellado   (xeracións 4ª a 5 ª), século XIX. Contabilízanse 59 individuos. -           o s APOSENTADOS , en Ans de Tellado   (xeracións 6ª a 8ª), século XIX. Contabilízanse 80 individuos. -           os CONTEMPORÁNEOS (xeracións 9ª a 11ª), séculos XX e XXI. Contabilízanse 44 individuos. -           os ESPALLADOS . É un grupo heteroxéneo, abrangue os séculos XVIII e XIX, que recolle diferentes pólas familiares das parroquias veciñas