Saltar ao contido principal

MERCA-lo libro

A árbore xenealóxica da familia Ans e maila investigación histórica publicáronse en decembro do ano 2017.

Se estas interesad@ en merca-lo libro podes atopalo na páxina web de LULU.com, preme aquí LIBRO. 

"O libro é unha investigación xenealóxica da familia Ans, no Concello de Carral (A Coruña, Galiza), espallada tamén pola Arxentina e Brasil; mediante a consulta en rexistros e arquivos parroquiais, dende o século XVII. Desenrólase en tres liñas: a árbore xenealóxica, a análise etimolóxica do lugar Ans de Tellado, e apuntes históricos de Carral.

O apelido Ans está relacionado tamén cos apelido Dans e Das, procedentes das parroquias de San Xurxo de Iñás (Carral), San Martiño de Orto (Abegondo), Santa María de Guísamo (Bergondo), San Pedro de Crendes (Abegondo), Santo Estevo de Paleo (Carral), San Martiño de Tabeaio (Carral), San Xoan de Pravío (Cambre).

Na parte I expóñense as referencias históricas da parroquia de Paleo, do Concello de Carral, e mailo lugar Ans de Tellado. 

Na parte II a xeografía do apelido e do topónimo Ans.

A parte III contén a árbore xenealóxica familiar. Inclúense nos Anexos rexistros de bautizo, defunción, casamento; e referencias ós censos de poboación de España".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Árbore Xenealóxica

Árbore Xenealóxica completa Ans Os datos xenealóxicos da familia Ans, que abranguen a máis de 235 devanceiros en 53pólas familiares , espalladas polas parroquias veciñas de Santo Estevo Paleo, San Martiño de Orto (Abegondo), San Xurxo de Iñás (Oleiros) e San Pedro de Crendes (Abegondo), ademais dunha liña na Arxentina orixinada pola emigración de Manuel Ans Martínez (nado no 1896 en Paleo), e outra no Brasil pola emigración no ano 1953 de José Morandeira Ans (nado no 1907 en Paleo). Se queres conseguir a árbore xenealóxica completa nun pdf e a boa resolución ponte en contacto conmigo solicitándoma a fernandezans@gmail.com .

Dende o século XVII ...

San Estevo de Paleo, Carral, A Coruña Os devires dunha pequena familia galega, dende o século XVII vencellada ás parroquias de San Martín do Horto en Cecebre (A Coruña), San Estebo de Paleo en Carral (A Coruña), e ó lugar de Ans de Tellado (Carral); e da súa emigración a principios do século XX á cidade de Bos Aires na Arxentina e á cidade de Santos no Brasil. Unha investigación histórica ao través dos fondos documentais, manuscritos, papeis e papeis, arquivos parroquiais e do inmenso baúl do internet...

Resumo da Árbore Xenealóxica

As referencias máis antigas de liña familiar Ans que se desprenden da árbore xenealóxica remítense ao longo de once xeracións, dende o século XVIII ata este século XXI no que estamos. Segundo a procedencia xeográfica e as diferentes pólas familiares, de xeito que se poida analizar un chisco máis a árbore, pódense propor e subliñar catro grupos históricos que son: -           o XÉRMOLO , o cerne de San Martiño de Orto   (xeracións 1ª a 3ª), dende o século XVIII. Contabilízanse 50 individuos. -           os TRASLADADOS , dende Orto   a Ans de Tellado   (xeracións 4ª a 5 ª), século XIX. Contabilízanse 59 individuos. -           o s APOSENTADOS , en Ans de Tellado   (xeracións 6ª a 8ª), século XIX. Contabilízanse 80 individuos. -           os CONTEMPORÁNEOS (xeracións 9ª a 11ª), séculos XX e XXI. Contabilízanse 44 individuos. -           os ESPALLADOS . É un grupo heteroxéneo, abrangue os séculos XVIII e XIX, que recolle diferentes pólas familiares das parroquias veciñas