As referencias máis antigas de liña familiar Ans que se desprenden da árbore xenealóxica remítense ao longo de once xeracións, dende o século XVIII ata este século XXI no que estamos.
Segundo a procedencia xeográfica e as diferentes pólas
familiares, de xeito que se poida analizar un chisco máis a árbore, pódense propor
e subliñar catro grupos históricos que son:
-
o XÉRMOLO, o cerne de San Martiño de Orto (xeracións 1ª a 3ª), dende o século XVIII. Contabilízanse
50 individuos.
-
os TRASLADADOS, dende Orto a Ans de Tellado (xeracións 4ª a 5 ª), século XIX. Contabilízanse
59 individuos.
-
os APOSENTADOS, en Ans de Tellado (xeracións 6ª a 8ª), século XIX. Contabilízanse
80 individuos.
-
os CONTEMPORÁNEOS (xeracións 9ª a 11ª), séculos XX e
XXI. Contabilízanse 44 individuos.
-
os ESPALLADOS. É un grupo heteroxéneo, abrangue os
séculos XVIII e XIX, que recolle diferentes pólas familiares das parroquias
veciñas (Iñas, Orto, Guísamo, Crendes, Paleo, Tabeaio e Pravío) que non puideron atarse á
árbore xenealóxica principal pola falta de datos.
Resumo
da árbore xenealoxica dos rexistros máis antigos, sombreados os ancestros da
liña directa da familia.
|
Comentarios