Saltar ao contido principal

Unha maraña de xestas, fieitos e toxos.

De primeiras prendámoslle lume á idea que temos de árbore xenealóxica. 

Coido que unha arbore xenealóxica non existe, esa idea imaxinaria dunha frondosa árbore cun forte tronco principal con fondas raíces no chan, con pólas que teñen pólas e ramiñas que tenen ramiñas e follas fermosas é só unha imaxe irreal; a realidade é máis ben unha maraña de xestas, fieitos e toxos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Árbore Xenealóxica

Árbore Xenealóxica completa Ans Os datos xenealóxicos da familia Ans, que abranguen a máis de 235 devanceiros en 53pólas familiares , espalladas polas parroquias veciñas de Santo Estevo Paleo, San Martiño de Orto (Abegondo), San Xurxo de Iñás (Oleiros) e San Pedro de Crendes (Abegondo), ademais dunha liña na Arxentina orixinada pola emigración de Manuel Ans Martínez (nado no 1896 en Paleo), e outra no Brasil pola emigración no ano 1953 de José Morandeira Ans (nado no 1907 en Paleo). Se queres conseguir a árbore xenealóxica completa nun pdf e a boa resolución ponte en contacto conmigo solicitándoma a fernandezans@gmail.com .

Dende o século XVII ...

San Estevo de Paleo, Carral, A Coruña Os devires dunha pequena familia galega, dende o século XVII vencellada ás parroquias de San Martín do Horto en Cecebre (A Coruña), San Estebo de Paleo en Carral (A Coruña), e ó lugar de Ans de Tellado (Carral); e da súa emigración a principios do século XX á cidade de Bos Aires na Arxentina e á cidade de Santos no Brasil. Unha investigación histórica ao través dos fondos documentais, manuscritos, papeis e papeis, arquivos parroquiais e do inmenso baúl do internet...

Resumo da Árbore Xenealóxica

As referencias máis antigas de liña familiar Ans que se desprenden da árbore xenealóxica remítense ao longo de once xeracións, dende o século XVIII ata este século XXI no que estamos. Segundo a procedencia xeográfica e as diferentes pólas familiares, de xeito que se poida analizar un chisco máis a árbore, pódense propor e subliñar catro grupos históricos que son: -           o XÉRMOLO , o cerne de San Martiño de Orto   (xeracións 1ª a 3ª), dende o século XVIII. Contabilízanse 50 individuos. -           os TRASLADADOS , dende Orto   a Ans de Tellado   (xeracións 4ª a 5 ª), século XIX. Contabilízanse 59 individuos. -           o s APOSENTADOS , en Ans de Tellado   (xeracións 6ª a 8ª), século XIX. Contabilízanse 80 individuos. -           os CONTEMPORÁNEOS (xeracións 9ª a 11ª), séculos XX e XXI. Contabilízanse 44 individuos. -           os ESPALLADOS . É un grupo heteroxéneo, abrangue os séculos XVIII e XIX, que recolle diferentes pólas familiares das parroquias veciñas