Saltar ao contido principal

Dende o século XVII ...

San Estevo de Paleo, Carral, A Coruña
Os devires dunha pequena familia galega, dende o século XVII vencellada ás parroquias de San Martín do Horto en Cecebre (A Coruña), San Estebo de Paleo en Carral (A Coruña), e ó lugar de Ans de Tellado (Carral); e da súa emigración a principios do século XX á cidade de Bos Aires na Arxentina e á cidade de Santos no Brasil.

Unha investigación histórica ao través dos fondos documentais, manuscritos, papeis e papeis, arquivos parroquiais e do inmenso baúl do internet...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Árbore Xenealóxica

Árbore Xenealóxica completa Ans Os datos xenealóxicos da familia Ans, que abranguen a máis de 235 devanceiros en 53pólas familiares , espalladas polas parroquias veciñas de Santo Estevo Paleo, San Martiño de Orto (Abegondo), San Xurxo de Iñás (Oleiros) e San Pedro de Crendes (Abegondo), ademais dunha liña na Arxentina orixinada pola emigración de Manuel Ans Martínez (nado no 1896 en Paleo), e outra no Brasil pola emigración no ano 1953 de José Morandeira Ans (nado no 1907 en Paleo). Se queres conseguir a árbore xenealóxica completa nun pdf e a boa resolución ponte en contacto conmigo solicitándoma a fernandezans@gmail.com .

Resumo da Árbore Xenealóxica

As referencias máis antigas de liña familiar Ans que se desprenden da árbore xenealóxica remítense ao longo de once xeracións, dende o século XVIII ata este século XXI no que estamos. Segundo a procedencia xeográfica e as diferentes pólas familiares, de xeito que se poida analizar un chisco máis a árbore, pódense propor e subliñar catro grupos históricos que son: -           o XÉRMOLO , o cerne de San Martiño de Orto   (xeracións 1ª a 3ª), dende o século XVIII. Contabilízanse 50 individuos. -           os TRASLADADOS , dende Orto   a Ans de Tellado   (xeracións 4ª a 5 ª), século XIX. Contabilízanse 59 individuos. -           o s APOSENTADOS , en Ans de Tellado   (xeracións 6ª a 8ª), século XIX. Contabilízanse 80 individuos. -           os CONTEMPORÁNEOS (xeracións 9ª a 11ª), séculos XX e XXI. Contabilízanse 44 individuos. -           os ESPALLADOS . É un grupo heteroxéneo, abrangue os séculos XVIII e XIX, que recolle diferentes pólas familiares das parroquias veciñas